Publicidade

Un camión sáese da vía no Souto de Vea

Un camión saíuse da vía na tarde deste martes no Souto de Vea mentras circulaba pola EP-8401. Ata o lugar desprazáronse efectivos de Emerxencias A Estrada e da Garda Civil de Tráfico, que no momento de redacción desta noticia atopábase regulando o tráfico debido a que un dos carrís estaba cortado.

Reclamacións polos continuos accidentes

Existen queixas á Deputación debido a que na EP-8401 prodúcense accidentes con bastante frecuencia, principalmente no quilómetro 1,9.


Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo