Luis López Bueno, voceiro do PSOE da Estrada, criticou e considerou como “escandaloso” o estado de limpeza actual do casco urbano, afirmando que “debe ser unha prioridade” levar a cabo unha limpeza xeral.
Opinou que “A Estrada nunca estivo tan mal”, pois estáse falando de temas que forman parte “da xestión normal do Concello”, pero o PP “non é capaz de levar con naturalidade o que debería”.
Fixo referencia ao mantemento de espazos públicos, aos malos cheiros dos colectores do lixo – tanto no casco urbano coma nas parroquias – e ás beirarrúas, “destrozadas en varios puntos da vila” para opinar que Gonzalo Louzao “só é capaz de ter limpas as contas do Concello”.
“(Louzao) só é capaz de ter limpas as contas do Concello”
Luis López Bueno, PSOE
López Bueno mostrouse “preocupado” porque o executivo local “é incapaz” de realizar estas tarefas “sinxelas”, polo que “se o actual equipo de goberno non dá con isto, tampouco van poder enfrontar as tarefas importantes como infraestruturas, industria e economía”.
Ademais, aproveitou para lembrar que xa solicitaran labores de mellora nas piscinas e na praia fluvial e a limpeza dos contedores “antes do San Paio”.


Deixa unha resposta a López Bueno sobre as palabras de Durán: “Recoñece que nos últimos anos non traballaban” – O Xornal da Estrada Cancelar a resposta