O concelleiro Óscar Durán afirmaba, en declaracións ao Faro de Vigo, que o retraso que criticaba Luis López Bueno na limpeza do casco urbano debíase aos cambios producidos no executivo local despois de que marchara José López Campos e que, a consecuencia deles, non se puideron programar antes pola alta demanda deste servizo por parte dos concellos.
O voceiro dos socialistas estradenses respondeu a través das redes sociais a estas palabras, afirmando que “queda claro que o goberno actual é un experimento froito da casualidade” e que “recoñece que nos últimos anos non traballaban. Non están preparados para gobernar”.
Mostrouse “preocupado coa incapacidade de Gonzalo para xestionar a nosa vila” e pediulle que deixe o cargo se “non é capaz de cumprir o máis básico”.
Rematou asegurando que os socialistas “esperamos que nos próximos días se faga esta limpeza xeral e profunda” que Durán anunciou que comezaría o luns ou o martes da próxima semana e que “estamos encantados de marcarlle o rumbo ao goberno”.
Imaxe de portada: Contedores do lixo // PSOE


Deixa unha resposta