A mediados de agosto rexistrábase un pico no consumo da auga en Codeseda, polo que Gonzalo Louzao informaba de que se ía buscar a orixe da anomalía.
Unhas semanas despois, preguntado polo Xornal da Estrada, o alcalde estradense afirmou que posiblemente “foi un usuario que debeu usar de forma indebida nesa fin de semana a traída” e que non se tratou dunha rotura.
Confirmou que, aínda que se fixo “algo de traballo de campo”, o aviso de que se podería sancionar a quen fixera ese uso incorrecto “cortou moito o consumo e volveu neses días á normalidade”, polo que non se sancionou ao responsable.
Iso si, este caso sentou un precedente, pois no caso darse outro caso similar poderían dar un paso máis: “son recursos de todos e son escasos polo tanto apelamos ao bo uso e a responsabilidade colectiva para ter unha boa xestión da auga”.

Deixa unha resposta a O contedor marrón chegará á Estrada en 2025 – O Xornal da Estrada Cancelar a resposta