O contedor marrón chegará á Estrada en 2025

O contedor marrón chegará á Estrada en 2025

Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, confirmou esta mañá que, a partir de 2025, poderemos ver o contedor marrón nas rúas da vila, algo que permitiría aforrar varias das toneladas de residuos que se envían a Sogama e, consecuentemente, a factura que se paga por este servizo.

Ao reducirse a cantidade de residuos introducidos no colector verde – moitos deles ao ser orgánicos irían ao marrón – tamén se reaxustará a periocidade de recollida.

Para o rural estánse buscando fórmulas complementarias, pois “funciona doutra maneira” xa que a materia orgánica emprégase para alimentar aos animais ou para aboar os terreos.

Nas aldeas tamén se vai intentar mellorar os colectores. Louzao resaltou que a empresa encargada de recoller o lixo e de manter os contedores amarelos “non fai o servizo que tería que facer”, dando lugar á situación que viven no rural. Ademais, intentaráse colocar máis colectores do lixo polas zonas nas que pasa a recollida.

Comentarios

One response to “O contedor marrón chegará á Estrada en 2025”

  1. […] López Bueno, voceiro do PSOE, valorou como “unha boa nova” a futura instalación dos contedores marrón anunciada polo alcalde, aínda que cre que “resolve o menor dos problemas que ten o servizo de recollida de lixo na […]

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo