Este venres o As Nosas Músicas celebrou o día grande. Contou cunha mesa redonda sobre a Requinta da Ulla e os cabezudos saíron desfilar na sesión vermú. Á tarde, o creador de contido e presentador de Palmira Lará (TVG), Miguel Lesta, impartiu un obradoiro de baile. Ao seu remate comezou a foliada con Bouba, Carapaus, Coanhadeira e Caldo e os Rabizos. Tamén se fixo entrega do Premio As Nosas Músicas a Joaquín Espiño, do Obradoiro Riobó, que recoñeceu que, malia ter pechado, segue indo cada día ao taller. Cando remataron os grupos, a xente sacou os seus instrumentos e comezou a tocar, alongando a festa durante toda a noite.
Un día máis, os participantes no campo de voluntariado Memoria Viva colaboraron atendendo diferentes postos do festival, así como facendo outras tarefas.
E aínda que rematase o As Nosas Músicas, a festa non para en Couso. Tanto este sábado coma este domingo celebran as festas de Nosa Señora.
Art-Monium // Xornal da EstradaArt-Monium // Xornal da EstradaObradoiro de baile // Xornal da EstradaObradoiro de baile // Xornal da EstradaObradoiro de baile // Xornal da EstradaObradoiro de baile // Xornal da EstradaA tocar! // Xornal da EstradaVoluntarios atendendo os postos // Xornal da EstradaVoluntarios atendendo os postos // Xornal da EstradaVoluntarios atendendo os postos // Xornal da EstradaVoluntarios atendendo os postos // Xornal da EstradaVoluntarios atendendo os postos // Xornal da EstradaFoliada // Xornal da EstradaFoliada // Xornal da EstradaFoliada // Xornal da EstradaFoliada // Xornal da EstradaFoliada // Xornal da EstradaEntrega do Premio As Nosas Músicas // Xornal da EstradaAmbiente no As Nosas Músicas // Xornal da EstradaFoliada // Xornal da EstradaFoliada // Xornal da EstradaArt-Monium // Xornal da EstradaArt-Monium // Xornal da EstradaArt-Monium // Xornal da EstradaFoto grupal dos voluntarios // Xornal da EstradaPunto Violeta // Xornal da EstradaFoliada // Xornal da EstradaFoliada // Xornal da EstradaFoliada // Xornal da EstradaFoliada // Xornal da Estrada
Deixa unha resposta