A festa non para esta fin de semana en Couso. Tras os dous días do As Nosas Músicas, collen o relevo as festas na honra da Nosa Señora e do Santísimo.
O sábado 15 arrancarán os festexos cunha misa ás 12.00 horas. A procesión correrá a cargo da charanga Os Atrevidos. A sesión vermú estará amenizada polos Atrevidos e por Marejada. A verbena contará coa música de Marejada e do estradense EleDeLewis.
O domingo 16 oficiarase unha misa ás 12.00 horas. A procesión e a sesión vermú correrán a cargo da Banda de Música Municipal da Estrada. Á noite, a verbena será con Punto Zero.


Deixa unha resposta