Xoán Reices, voceiro do BNG, lamentou o estado no que se atopa a N-640 ao seu paso polo concello da Estrada e noutros concellos como Caldas de Reis ou Cuntis: “un treito con numerosas irregularidades no asfalto e fochancas, algunha das cales situadas en curvas moi perigosas”, afirmou.
Lembrou que en outubro o deputado nacionalista Néstor Rego pediu no Congreso dos Deputados “unha reforma integral de toda a N-640, desde A Mariña de Lugo até Vilagarcía” pero, denunciou, esa mellora tan demandada aínda non foi levada a cabo polo Goberno de España.
“É incomprensíbel que o goberno de Madrid non actúe para mellorar a estrada, mais desde a nosa organización seguiremos traballando para que os veciños e veciñas teñas unhas vías de comunicación de calidade e seguras”
Xoán Reices, voceiro do BNG
Imaxe de portada: N-640 // Google Street View


Deixa unha resposta