O Camiño da Geira e dos Arrieiros segue sumando adeptos. Este ano máis de 900 peregrinos percorrérono, 770 deles dende Braga (Portugal). Isto levou a que a cidade lusa batese o seu récord de peregrinos anual a falta de dous meses para que remate o ano.
De feito, o Camiño da Geira conseguiu no que vai de ano máis saídas que o Camiño Portugués no seu mellor momento, que foi cando lograra 666 peregrinos en 2022. Este ano está sendo o primeiro no que o Camiño da Geira supera ao Portugués en saídas dende Braga.
2026 está sendo o mellor ano do Camiño da Geira e dos Arrieiros. Ata o pasado sábado percorrérono 908 peregrinos, 140 deles españois. Destacan os peregrinos portugueses (596), aínda que tamén chegaron procedentes de Italia, Alemaña, Taiwán, Nixeria, Irán ou Xapón.
En canto aos españois, 22 eran madrileños, 18 galegos, 17 andaluces e 14 valencianos. O principal punto de inicio é Braga. 412 peregrinacións foron por motivos relixiosos.
Imaxe de portada: sinal do Camiño da Geira e dos Arrieiros en Codeseda // Xornal da Estrada


Deixa unha resposta