Publicidade

Comeza o plan de asfaltados de 116 camiños do rural estradense

O plan de asfaltado de 116 pistas e camiños do rural estradense xa está en marcha. Comezaron estes días na parroquia de Couso. A este plan destinaranse 3 millóns de euros. En paralelo, púxose en marcha un plan de bacheos para actuar nos camiños que non se verán beneficiados polo de asfaltados.

No caso de Couso, os traballos centraranse nos accesos aos núcleos de Fontenlo e Couso. Este luns comezaron os labores de limpeza das cunetas e prevese que este mércores comece o aglomerado.

Os camiños nos que se actuará son os seguintes:

  • Arnois: Os Bieites, A Carballeira e San Xiao.
  • Oca: Outeiro e Oca de Arriba.
  • Loimil: Tramo de Riomao á N-525 e Acceso a Os Casares.
  • Couso: Mellora de accesos a Fontenlo e mellora de accesos a Couso.
  • San Miguel de Barcala: Mellora do acceso ás Quintas.
  • San Xurxo de Vea: Mellora do acceso a O Casal e mellora de acceso a Loureiro de Arriba.
  • Santeles: Renda.
  • Paradela: Aldea Grande.
  • Ribeira: Vilar, Barbude, Baltar-Escola e Baltar-San Vicente.
  • Berres: Celeiróns, A Mouteira-O Pereiro,Vilancosta.
  • Riobó: Os Besteiros, O Río, Barcia, San Martiño e San Martiño-A Pena.
  • Orazo: Vendexa, Currelo-Vilanova, Currelo e Currelo-Baldarís.
  • Santa Mariña de Barcala: Santa Mariña.
  • Frades: Frades-Casalpaio.
  • Santo André de Vea: Trazarís-Cardelle, Cardelle, Ramiráns, Celeiróns, Vera e Trazarís.
  • San Xiao de Vea: Vixín-Sandelle-Gondomar.
  • Baloira: Montoiro.
  • Toedo: Toedo e Talló.
  • Barbude: Trasmonte e Acceso ao Muíño do Salgueiro.
  • Moreira: Outeiro, Moreira Nova e A Pica.
  • San Tomé de Ancorados: Igrexa-Gontén.
  • San Pedro de Ancorados: San Pedro, Brei, Ventosela-San Pedro e Ribas.
  • Agar: Gueifas e O Río.
  • Matalobos: A Brea.
  • A Estrada (rural): Vilar, Acceso Recreo Cultural, Camiño de Penerada-Ouzande, Camiño dos Ramos e O Pedregal.
  • Aguións: O Codeso.
  • Callobre: Aldea Grande-A Riba, Nogueira, Vilafruxil, O Vilar, O Vilar-Aldea Grande.
  • Rubín: Bemposta, O Sol, A Igrexa (Rubín)-A Brea (Pardemarín), Foxo-Tras da Capela e O Sol-Acceso.
  • Curantes: Cortes e As Pereiras.
  • Ouzande: Alemparte-Sureiros (Somoza).
  • Lagartóns: Os Bolos e Ouzamerxe.
  • Guimarei: A Torre e Campos-A Cruz.
  • Somoza: Castro Ramiro, Cernadela e Vila de Abaixo.
  • San Xurxo de Cereixo: O Millarrabo-O Viso, O Millarabo, Señoráns e Constenla.
  • Olives: Os Pereiriños-Viladefonso, Fraiz e Fraiz-A Lagoa.
  • Pardemarín: Piñeiro-Golfariz e A Brea-Vinseiro.
  • Tabeirós: Tabeirós, Tabeirós-Sandán, Sandán, Sandán-Piñoi, Cimáns, Outeiro, As Carballas, Sar, As Quintas e Tosar.
  • Parada: Estrada municipal de San Xorxe a O Arnado e Eiriz-As Vilas.
  • Nigoi: Escariz e A Silva.
  • Ribela: Vilar-Entrecastrelo e Entrecastrelo-Arnado.
  • Arca: Os Carballal-Ascensión e A Goleta.
  • Codeseda: Monteagudo, As Quintas, Outeiro e Acceso Arnado-Abragán.
  • Liripio: A Canda-Portela e Cabanelas.
  • Souto: San Torcado-Campo Lameiro.

Plan de bacheos

Se os asfaltados comezaron polo norte do concello, en paralelo púxose en marcha no sur unha brigada de bacheos. Ca actuou en Arca, Vinseiro, Olives e Pardemarín e, na actualidade, atópase traballando en Ribela. “Queremos percorrer todas as parroquias, todas as pistas que non vaian levar agora o aglomerado en quente. A intención é que, cos asfaltados e os bacheos, poidamos ter unha rede viaria municipal en mellor estado”, asegurou o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao.

Imaxe de portada: labores de limpeza en Couso // Concello da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta