
O Concello da Estrada convocou un Pleno extraordinario para celebrar o sorteo da composición das mesas electorais para as xerais do vindeiro 29 de novembro. Será o vindeiro luns 2 de novembro ás 13.00 horas.
Unha vez se realice, abrirase un prazo de tres días para que os elixidos sexan notificados. Unha vez reciban a notificación, terán sete días para presentar alegacións perante a Xunta Electroral de Zona no caso de ter algunha causa xustificada pola que non poidan estar na mesa.



Deixa unha resposta