O Concello da Estrada contratou a corta de madeira en Berres, na zona do Areal. As actividades previstas inclúen a corta, recollida e retirada da madeira, así como a roza e a limpeza da zona na que se vai traballar. Adxudicóuselle a Riobó Forrajes SL por un importe de 4.500 euros máis IVE. Os traballos teñen que rematar antes do 15 de novembro.

Deixa unha resposta