López Bueno atopa “moitos problemas por resolver” na recollida do lixo

López Bueno atopa “moitos problemas por resolver” na recollida do lixo

Luis López Bueno, voceiro do PSOE, valorou como “unha boa nova” a futura instalación dos contedores marrón anunciada polo alcalde, aínda que cre que “resolve o menor dos problemas que ten o servizo de recollida de lixo na Estrada”.

Como polo momento é “un anuncio” e agarda que se faga realidade, “porque levan 5 anos prometendo as mesmas cousas e 14 anos sen mellorar o servizo de recollida de lixo” e citou outros problemas nos que se debería traballar: contedores rotos que non se repuxeron e a necesidade de “ampliar a rede de contedores” no rural, incluíndo plástico, papel e vidro.

Afeou que se perderan axudas para a instalación de illas de compostaxe e que non se aforraran “480.000 euros que se lle pagaron a Sogama” ao “non aplicar as medidas propostas polo PSOE” e asegurou que son os socialistas os que lle están “marcando o rumbo ao goberno”.

“Non sei se Gonzalo Louzao pensa que as eivas da recollida de lixo se resolven poñendo o contenedor marrón, pero dende logo ten moito traballo por diante e aínda non fixo absolutamente nada”

Luis López Bueno, voceiro do PSOE

Considera que a instalación do contedor marrón pode “paliar a suba do canon a 130 euros”, aínda que se debería promocionar o seu uso correcto e propuxo que se leve a cabo unha campaña de reparto de cubos para facilitar a reciclaxe dos cidadáns.

Asegurou que “a suba de 315.000 euros vaise dar no 2025” e que o goberno local estaría preparando unha suba nos recibos do lixo.


Imaxe de portada: Contedores do lixo // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario