Veciños de Ribela reclaman que se restaure o Hórreo do Cura

Veciños de Ribela reclaman que se restaure o Hórreo do Cura

Aseguran que corre o risco de derrubarse

Todas as obras de arte teñen un dereito inalienable a unha existencia digna e honorable, polo que é necesario que se conserven en boas condicións. No caso dunha obra patrimonial deste concello non está sucedendo, correndo o risco de que o seu estado empeore.

Falamos do Hórreo do Cura de Ribela que, tal e como denuncian os veciños da parroquia, corre o risco de derrubarse. A veciñanza trasladoulle esta situación á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da consellería de Cultura e solicitaron a súa restauración.

Segundo puideron saber, o arcipreste comunicou tras saír dunha misa na parroquia que a Igrexa restaurará a imaxe de Santa Mariña, valorada en 850 euros, pero que non se farán cargo da reparación do hórreo e, como moito, só pagarán os 500 euros que custa a licenza municipal de obras. Os custos da restauración ascenden a 24.400 euros.

Os veciños lembran que o hórreo pertence á Igrexa, polo que debería ser esta a encargada de realizar as obras de restauración.


Imaxe de portada: Hórreo do Cura de Ribela // cedida

Comentarios

Unha resposta a “Veciños de Ribela reclaman que se restaure o Hórreo do Cura”

  1. Avatar de A Igrexa tamén se nega a restaurar a imaxe de Santa Mariña de Ribela – O Xornal da Estrada

    […] veciños de Ribela lamentaban hai uns días que a Igrexa non ía restaurar o Hórreo do Cura, que corre o risco de derrubarse pola falta de mantemento, debido a que son necesarios 25.000 […]

    Gústame

Deixar un comentario