Louzao aféalle ao BNG que se atribúan de forma exclusiva o acordo sobre a N-640: “Medallas as xustas”

Louzao aféalle ao BNG que se atribúan de forma exclusiva o acordo sobre a N-640: “Medallas as xustas”

Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, afeou públicamente que o BNG se atribúa de forma exclusiva o acordo acadado no Congreso dos Deputados para mellorar toda a N-640: “Medallas as xustas”, asegurou.

“Vemos con sorpresa que o BNG presume que se debateu no Congreso unha iniciativa súa para a mellora desta vía. Esquecéronse de que son un dos socios de Pedro Sánchez que asinaron no seu acordo de apoio que se fixera a variante da Estrada. Eles teñen parte da responsabilidade e nós convocamos aos deputados do PP hai uns meses e presentaron unha iniciativa como presentou o Bloque, pero que acadou máis apoio no mesmo día”

Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada

Lembrou que en sendas votacións tanto PP coma BNG votaron a favor, mentras que o PSOE abstívose. Comentou que xa lle comentou a Abel Losada, subdelegado do Goberno, que “e irrenunciable e non pode pasar deste ano”.

“É das vías peor conservadas eu penso que de España e levamos dende o goberno municipal moitos meses tendo reunións e denunciando esta situación”, comentou o mandatario mentras facía fincapé na  “importancia que ten para os estradenses o mantemento desta vía” e nos diferentes informes elaborados pola Policía Local tras cada un dos diferentes atropelos que se produciron no tramo urbano e que aínda non foron atendidos.

Neles facíase constar a alta siniestralidade, así como a deficiente sinalización, propoñéndose medidas para solventar a problemática. A isto chegouse a responder “que este punto non figuraba como Zona de Concentración de Accidentes”.


Imaxe de portada: visita de deputados do PP á Estrada // Arquivo

Comentarios

One response to “Louzao aféalle ao BNG que se atribúan de forma exclusiva o acordo sobre a N-640: “Medallas as xustas””

  1. Avatar de Reices responde ao PP: “como burócratas son bos, pero como políticos son nefastos” – O Xornal da Estrada

    […] aproveitou para responder ao alcalde Gonzalo Louzao sobre a variante da N-640. Confirmou que “é certo que non nos podemos colgar medallas sobre estas infraestruturas que […]

    Gústame

Deixar un comentario