O Concello desvela o seu plan de asfaltados no rural

O Concello desvela o seu plan de asfaltados no rural

O Concello anunciou o seu programa de asfaltados no rural para este 2025. En total máis de 250 pistas terán algún tipo de mellora, sendo o máis abondoso o bacheado (186 vías de 47 parroquias). En canto ao asfaltado, beneficiaránse 75 vías de 33 parroquias que, segundo Gonzalo Louzao, fanse en zonas nas que se considerou “moi urxente” actuar. Esas zonas son as seguintes:

  • Toedo: Toedo, Cerrada das Carballas, O Soutiño, O Soutiño-Igrexa e A Carballa.
  • San Pedro de Ancorados: O Foxo e O Foxo-Penalba.
  • Callobre: Ponteliñares-Moreira (Devesa) e Ponteliñares.
  • Guimarei: A Torrevella.
  • Santo André de Vea: Trazaríns-Cardelle e Cardelle.
  • San Xiao de Vea: Vilanova.
  • San Tomé de Ancorados: Igrexa.
  • Aguións: A Raxeira, O Codeso e A Frieira.
  • Moreira: A Pia e Acceso igrexa dende provincial.
  • Vinseiro: Freán e Vis de Correa.
  • Matalobos: Matalobos, Guendos e Saiñas.
  • Liripio: Igrexa.
  • Remesar: Aldea Grande e A Rabeta.
  • Santeles: Viasque, Sar, Cruxeira, Pearo, Santeles de Abaixo e Fondevila.
  • Berres: Servide e Altiño de Berres.
  • Orazo: Barro, Castrovite-Dornelas, Vendexa e Riomao-Vendexa.
  • Frades: Requián-Vilariño.
  • Arnois: Gundián.
  • Santa Cristina de Vea: A Costa e Tarrío-Sorribas-Igrexa.
  • Loimil: Loimil (Igrexa).
  • Rubín: Bemposta.
  • Couso: Souto de Vea e Aceso a Barco e Fontenlo.
  • Cora: Carbia e Cora.
  • Lagartóns: Os Tatos e O Viso.
  • Codeseda: Barro, Vilaboa e A Portela.
  • Nigoi: O Pazo.
  • Ribela: Trabadela, Ribela (Igrexa)-Codeseda (O Arnado).
  • Paradela: EP-Adea Grande, Aldea Grande, Aldea Grande 1, Aldea Grande 2 e Igrexa.
  • Arca: Carballal-Acensión, Amarelle, A Penela, A Goleta 1 e 2 e Carballal.
  • San Miguel de Castro: Igrexa.
  • San Miguel de Barcala: Negreira e Cimadevila.


Imaxe de portada: Gonzalo Louzao na rolda de prensa // cedida

Comentarios

4 respostas a “O Concello desvela o seu plan de asfaltados no rural”

  1. Avatar de Manuel Lopez Dono
    Manuel Lopez Dono

    No veo Sandan y me gustaría verlo pues este año se an asfaltado en lugares que se menciona y donde no se arreglan desde hace 25 años ni se nombra estaremos en guardia por que todos somos estradenses gracias

    Gústame

  2. Avatar de Gonzalo Louzao e a aposta polo turismo: “o que nos falta é xestionalas para vendelas cara a fóra” – Xornal da Estrada

    […] de “plans como os investimentos históricos en asfaltados que plantexamos para este 2025″ que, aínda que “é unha ínfima parte do que se […]

    Gústame

  3. Avatar de A Deputación aprobará un investimento de 1 millón de euros para as vías do rural – Xornal da Estrada

    […] total, contando ambos plans, asfaltaránse 75 vías rurais e parchearánse 200. Sobre os bacheos comentou que este ano “quixemos facelo de xeito profesional”, […]

    Gústame

  4. Avatar de Liripio estreou parada de bus – Xornal da Estrada

    […] Ademais, estes traballos coincidiron co asfaltado do camiño que une os lugares da Canda (xusto desde o punto no que se atopa a nova parada de bus) e da Igrexa. Estes labores forman parte do plan de asfaltados anunciado polo Concello no mes de abril. […]

    Gústame

Deixar un comentario