No marco da Feira do Moble, que se celebrará do 18 ao 21 de setembro, haberá actividades alternativas, entre as que se inclúen unha charla sobre Formación Profesional e o sorteo dunha viaxe a Aveiro.
Comezando polo apartado educativo, a xornada técnica “A formación profesional ábreche as portas a un futuro de éxito” celebraráse o venres 19 ás 12.00 horas. Organizada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, será impartida polo Xefe de Servizo de Orientación e Innovación Profesional, Pablo Otero Pérez. Está destinada aos estudantes de bachatelato e o acceso será gratuíto, previa inscrición.
Asemade, a Feira do Moble contará co sorteo dunha viaxe para dúas persoas no mes de outubro de 2025 á coñecida como Venecia portuguesa, a cidade de Aveiro. O premio inclúe dúas noites de aloxamento en hotel con acceso a spa, piscina, sauna e ximnasio; un paseo polas canles en moliceiro, unha clásica embarcación que se empregaba para a recollida da alga moliço e que actualmente é un dos principais atractivos turísticos aveirenses; entradas aos museos da cidade; así como un percorrido en tuk-tuk con degustación dos tradicionais doces ovos moles.


Deixa unha resposta a Un espazo para non perderse ningunha noticia – Xornal da Estrada Cancelar a resposta