O polígono de Toedo ve máis preto a ampliación dun 82% da súa superficie

O polígono de Toedo ve máis preto a ampliación dun 82% da súa superficie

O Consello da Xunta deste luns tomou razón da aprobación inicial do Plan Estruturante de Ordenación de Solo Empresarial (PEOSE) para a ampliación do Polígono Industrial de Toedo. Será a segunda ampliación que sufrirá o espazo, cifrándose en 156.685 metros cadrados o engadido que terá, alcanzando así os 347.239.

Este incremento do 82,23% da superficie do polígono, foi promovida pola sociedade de Xestión do Solo de Galicia (Xestur), no marco do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia. Para isto destinaránse 13 millóns de euros.

Imaxe de portada: Consello da Xunta de Galicia // Xunta de Galicia

Comentarios

2 respostas a “O polígono de Toedo ve máis preto a ampliación dun 82% da súa superficie”

  1. Avatar de Louzao destaca o interese das empresas nas novas parcelas do polígono de Toedo – Xornal da Estrada

    […] de que o Consello da Xunta dese un paso decisivo para a futura ampliación do polígono industrial de Toedo, este martes o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, confirmou o interese que, tanto Concello como […]

    Gústame

Deixar un comentario