Establecidos os servizos mínimos para as folgas do SAF en setembro

Establecidos os servizos mínimos para as folgas do SAF en setembro

O Concello da Estrada fixou os servizos mínimos pola folga do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) convocada a nivel autonómico pola CIG para solicitar que se desbloqueen as negociacións dos convenios para dignificar as condicións laborais e por un protocolo que garanta a seguridade do persoal. As xornadas de paro serán o 10, 11, 24 e 25 de setembro.

Os servizos mínimos inclúen a “execución de todos aqueles servizos prestados a persoas que, conforme ao seu plan de traballo, teñan incorporada a prestación de atención de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, coas correspondentes tarefas necesarias para a súa correcta execución, sexan de modalidade básica ou de dependencia, tales como: a prestación de servizos de comida, servizos de hixiene persoal, servizos de hixiene persoal diaria, uso do WC, no seu caso, eliminación vesical e intestinal, axuda para erguerse e deitarse, vestirse e supervisión de toma de medicamentos e alimentación, cambios posturais necesarios para as persoas encamadas, labores de acompañamento de persoas usuarias para acudir a centros sanitarios cuxa cita fora concertada previamente e non poida ser postergarda, así como si se producirá unha alerta no domicilio, contacto cos servizos de emerxencias, saúde e outro”.

Ademais, o tempo de servizo axustaráse ao tempo necesario para realizar as tarefas básicas descritas anteriormente e, de ser o caso, respectaráse a prestación de servizo en diferentes franxas horarias.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo