Esta fin de semana Ouzande celebrará as festas do Socorro. O sábado 13 oficiaráse unha misa na honra da Virxe do Carme ás 13.15 horas. Ao seu remate, comezará a sesión vermú, a cargo do Grupo de Gaitas Retrouso de Ouzande. Pola noite, a verbena estará amenizada pola Disco Móvil Eme Music, co DJ Marcos Magán, e pola orquestra América de Vigo. Haberá polbeira.
O domingo 14 celebraráse unha misa solemne na honra da Virxe do Socorro. A posteriori terán lugar a tradicional poxa e a sesión vermú a cargo da Banda de Música Municipal da Estrada.


Deixa unha resposta