O club roxillo xa superou os 700 socios
Este mércores o Estradense enfrontaráse ao Covadonga nos dezaseisavos de final da Copa Federación. O partido, que se xogará no Novo Municipal, será retransmitido por Radio Estrada e contará, na narración, cun histórico da radio municipal: Perfecto Sangiao. Acompañaráno Damián Cortés e Antón Lueiro.
O pitido inicial daráse ás 20.30 horas. A entrada xeral custará 10 euros, aínda que os socios entrarán de balde, pois son “unha parte fundamental deste camiño e queremos que o desfrutedes con nós”, tal e como aseguran desde o Estradense.
Campaña de socios
Por outra banda, en dúas semanas o club roxillo conseguiu ter 710 socios. A campaña de socios continúa aberta e cómpre lembrar que, no caso de facerse socios do Estradense e ser cliente de A Estrada Dixital, accederáse a vantaxes na operadora municipal.
Imaxe de portada: logo de Radio Estrada // Xornal da Estrada


Deixa unha resposta