Falece unha muller tras ser atropelada por un camión en Benito Vigo

Falece unha muller tras ser atropelada por un camión en Benito Vigo

Unha muller faleceu na mañá deste xoves tras ser atropelada por un camión na Avenida Benito Vigo. O sinistro produciuse preto das 11.00 horas. Segundo informa o 112, a vítima quedou atrapada baixo o vehículo.

Segundo as primeiras informacións, tanto ela coma a súa parella atopábanse cruzando a rúa á altura das oficinas de Facenda, aínda que todo apunta a que non o facían por un paso de peóns. O camión pertencía a unha marca de alimentación. O varón non foi alcanzado pero tivo que ser trasladado ao centro de saúde tras verse moi afectado polos feitos.

Ata o punto trasladáronse efectivos do 061, Bombeiros do Deza, Emerxencias A Estrada e da Policía Local. En pouco tempo o persoal de emerxencias comunicou ao 112 o pasamento da muller.

Imaxe de portada: ambulancias no punto do atropelo // cedida

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo