Publicidade

María Montserrat Varela gaña o Avelina Valladares

Este luns o xurado do Premio de Poesía Avelina Valladares escolleu Consciencia da impertinencia, de María Montserrat Varela Vázquez, como a obra gañadora do galardón. Foi elixida de entre un total de 25 obras. Presentouse baixo o lema “Fendas na brétema”.

O xurado estivo formado por por Xoán Carlos García Porral, Constantino Regueira Paz, María Begoña Porto Brea, Esteban Folgar Brea e Dolores Araújo Arias, esta última exercendo como secretaria. Destacaron a estruturación do poemario así como “a harmonía do día dende o amencer ao solpor pasando polo atardecer e transitando por paisaxes claras nas que o saber, o buscar e o querer enchen unha vida asentada na esencia que nos define e que, deste xeito, transcenderá”.

María Montserrat Varela é natural de Santiago de Compostela, pero reside en Arzúa. En 2025 recibiu o Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais polo ensaio “Trazos da escolma da cultura”. Este será o primeiro poemario que publicará.

A entrega do galardón farase o 26 de novembro, no marco dunha nova edición da Festa da Poesía. Será no Teatro Principal. A gañadora recibirá 2.000 euros e publicarase o poemario premiado da man de Edicións Fervenza.

Imaxe de portada: reunión do xurado do Avelina Valladares // Concello da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo