Este luns rematou a cuarta e última quenda do Campus Deportivo de Verán do Concello da Estrada. Polas catro quendas pasaron, en total, máis de 900 rapaces e rapazas. Aínda que algúns dos participantes repetiron en varias quendas, o campus bateu os seu récord de participación.
O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, participou na xornada de despedida na praia fluvial de Liñares, ata a que os participantes foron a pé. Entre o que máis gustou aos participantes, segundo lle comentaron ao mandatario, foi a excursión ao parque acuático de Cerceda, na que tamén estivo Louzao.
Imaxe de portada: despedida do Campus Deportivo de Verán // Concello da Estrada


Deixa unha resposta