Publicidade

Requiren aos propietarios de máis de 1.000 fincas da Estrada, ningún deles coñecido

person cutting grass with a grass cutter

Este luns publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) un anuncio do Concello da Estrada do 17 de xullo mediante o que se notifica a obrigatoriedade de limpar máis dun milleiro de fincas que se atopan dentro da faixa de protección fronte a incendios forestais. Son requirimentos correspondentes ao ano 2025 e que se publican no DOG porque non se puido determinar a identidade da persoa responsable da finca ou se ignora o lugar de notificación.

Na publicación recóllense os datos das parcelas así como as posibles sancións ás que se poden ter os propietarios que non cumpran coa obriga. Dáselles un prazo de 15 días.

Nalgunhas das fincas non se recolle a parroquia á que pertencen. Na maioría dos casos si que aparece ese dato. En total son 1.165 as parcelas das que se coñece a parroquia.

Se ordenamos as parroquias de maior a menor número de requerimentos a persoas descoñecidas, quedaría así: Guimarei (74), Codeseda (71), Souto (56), Oca (52), Riobó (47), Arnois (46), Matalobos (43), Berres (42), A Estrada e San Xurxo de Vea (41), Remesar e San Miguel de Castro (36), Nigoi (34), Ouzande (33), Curantes e Loimil (28), Barbude, Santo André de Vea e Vinseiro (26), Agar e Moreira (22), Ribeira (21), Arca e Callobre (20), Tabeirós (19), San Pedro de Ancorados (17), Lagartóns e Lamas (16), Rubín e Santeles (15), Orazo e Santa Cristina de Vea (14), San Xiao de Vea (13), Couso e A Somoza (12), Aguións, Cereixo, Olives e Ribela (11), San Miguel de Barcala (10), Baloira (9), Parada (8), Sabucedo e Toedo (7), Pardemarín e Santa Mariña de Barcala (6), Liripio (5), Frades (4), Paradela (3) e Cora e Santo Tomé de Ancorados (1).

Imaxe de portada: roza // Pexels

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo