Publicidade

Tres días de festa en San Xurxo de Vea

San Xurxo de Vea honrará esta fin de semana ás virxes do Carme e das Dores. A festa comezará venres coa XIII Noite Folk e continuará sábado e domingo.

O venres 4 Lagharteiras, Xosé Lois Romero & Aliboria, Galega de Bailables e Argalleiros estarán na Noite Folk.

O sábado 5 oficiarase unha misa cantada polo coro da parroquia ás 13.15 horas. Estará seguida pola sesión vermú, coa música da charanga TNT. Dende as 17.30 horas haberá inchables para os cativos. Á noite, a verbena contará coa música do dúo Cristina & Lucía e de Alborada.

O domingo 6 ás 13.00 horas oficiarase unha misa cantada polo Coro Parroquial de San Xurxo de Vea. A sesión vermú correrá a cargo da Banda de Música Cultural da Estrada.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo