O polígono de Toedo sufrirá un corte no subministro de auga para instalar un contador

O polígono de Toedo sufrirá un corte no subministro de auga para instalar un contador

O vindeiro luns, de 20.00 a 22.00 horas, o polígono industrial de Toedo sufrirá un corte na subministración de auga para instalar un contador de auga nel. Esta será a primeira actuación levada a cabo polo Concello da Estrada no marco do plan de sectorización que está comezando a executar na rede pública de distribución de auga, en cumprimento da normativa europea que busca garantir a eficiencia das traídas de auga.

A franxa na que se fará foi escollida para que o impacto que teña a instalación deste contador sexa o menor posible na actividade diaria deste parque empresarial. O dispositivo que vai ser instalado controlará o funcionamento da rede en todo o polñigono, rexistrando os consumos e servindo de ferramenta de control ante posibles fugas e excesos de presión que poidan provocar roturas.

“Iremos incrementando esta sectorización de xeito progresivo, a través de novos contadores e de sistemas de apertura e corta de auga”, comentou Óscar Durán, concelleiro de Servizos Sociais, e avanzou que o seguinte punto será a Zona Deportiva.

Engadiu que a normativa esixe ter, como mínimo, o control do 75% da auga. Ademais, de xeito progresivo iránse instalando contadores nos diferentes edificios municipais.

Imaxe de portada: rotura de tubaxe en Toedo // Concello da Estrada / Arquivo

Comentarios

Unha resposta a “O polígono de Toedo sufrirá un corte no subministro de auga para instalar un contador”

Deixar un comentario