As ‘360 Curvas’ de Ariadna Silva volven proxectarse no Minicines Central

As ‘360 Curvas’ de Ariadna Silva volven proxectarse no Minicines Central

A Estrada terá unha nova oportunidade para ver 360 Curvas, o documental codirixido pola estradense Ariadna Silva Fernández que gañou o Mestre Mateo a Mellor Documental. Cada día, dende este venres ata luns, haberá unha proxección nos Minicines Central.

Venres, sábado e luns poderase visualizar ás 17.00 horas e o domingo ás 21.00. Ademais, prevese que un deses días tamén teña lugar un coloquio co público, aínda pendente de axendar.

Sinopse

360 curvas marcan a distancia que separa A Fonsagrada de Lugo. Este camiño longo, difícil e descendente entre montañas reflicte o declive dun lugar que, a comezos dos anos 90, decidiu loitar pola súa supervivencia.

360 Curvas explora os conflitos sociais que aconteceron na Fonsagrada a comezos dos anos 90, coñecidos como “As Movidas”. Unha loita pioneira contra a desaparición do mundo rural, precursora do movemento da España Vaciada.

“Eu creo que si que medramos con esa idea máis ou menos presente de que eres adolescente e sabes que aos 18 te piras. E moitas veces, se te paras a analizalo, sabes que te piras aos 18 para non volver”

Testemuño en 360 Curvas

Sobre aquilo, sobre hoxe e sobre mañá vai o filme.

Unha das curvas da estrada que une A Fonsagrada e Lugo // 360 Curvas

Imaxe de portada: Ariadna Silva (esquerda) e unha das protestas na Fonsagrada (dereita) // 360 Curvas

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo