RESULTADOS | O Estradense métese nos playoffs de ascenso

RESULTADOS | O Estradense métese nos playoffs de ascenso

Este domingo o Estradense, SP Estrada e Vea xogaron, conseguindo resultados dispares. A alegría da xornada produciuse no Novo Municipal, onde o Estradense impúxose 2-1 ao Somozas e ascendeu na táboa ata os postos de playoffs.

Estradense 2 · 1 Somozas

Os goles de Gerard e Ian permitiron aos roxillos impoñerse ao tanto que marcara o Somozas. Agora, a falta de tres partidos, atópase en quinto lugar, empatado a puntos co Boiro, que é sexto e atópase fóra dos playoffs.

Das tres finais que lle restan aos de Manuti, dúas son en casa e outra no campo do Compostela. Antes de visitar o Verónica Boquete recibirá no Novo Municipal ao Viveiro. Despois de xogar en terras de Compostela, recibirá ao Barco.

SP Estrada 0 · 0 CD Unión

O Sport Team empatou na casa. Mantense 12º na clasificación.

Curces 2 · 1 Vea

Derrota do Vea no Municipal do Camballón. Aínda así, mantense 11º na táboa, empatado a puntos co Silleda.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo