Manuel Sanmartín: “Os pescadores somos os únicos que facemos algo para que sigamos tendo salmóns no Ulla”

Manuel Sanmartín: “Os pescadores somos os únicos que facemos algo para que sigamos tendo salmóns no Ulla”

Durante a presentación da LII Festa do Salmón celebrada este mércores no Coto de Couso, Manuel Sanmartín, presidente da Sociedade Deportiva Río Ulla referiuse á situación actual do salmón do Ulla.

“Estas medidas que decidiu tomar a administración espero que sexan as ideais, que se recupere o salmón”, asegurou antes de manifestar as dúbidas que teñen os pescadores sobre elas.

“O problema do salmón nas augas galegas non é por culpa da explotación dos pescadores, todo o contrario. Creo que os pescadores somos os primeiros interesados en que o río teña salmóns. De feito, somos os únicos que facemos algo para que sigamos tendo salmóns no Ulla”, comentou. Engadiu que cre que as medidas levadas a cabo non fan solucionar a situación.

Durante este ano só se vai poder pescar salmón nos ríos galegos nunha ocasión, que será durante o L Concurso Internacional de Pesca de Salmón. Asociacións ecoloxistas pediron que se suspenda o concurso e que se declare o salmón especie en perigo de extinción.

Imaxe de portada: Sanmartín, no centro, durante a presentación da LII Festa do Salmón // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo