A parroquia de San Miguel de Barcala celebrará esta fin de semana as súas festas na honra de San Miguel e San Roque. Comezarán o sábado 9 ás 12.30 horas cunha actuación dos Pereiriños de Curantes. Ás 13.00 horas oficiarase unha misa na honra do patrón, que estará seguida dunha sesión vermú co grupo Mar de Arousa. Ás 13.30 e ás 19.00 horas haberá inchables para os máis pequenos da casa. Ás 22.00 horas comezará a verbena con Mar de Arousa.
O domingo 10 adicarase a San Roque. Ás 13.00 horas a Banda de Música Cultural da Estrada dará un concerto. Media hora máis tarde comezará unha misa solemne. Ao remate, a sesión vermú estará amenizada pola Banda de Música Cultural da Estrada.


Deixa unha resposta