Publicidade

Mirándolle aos ollos aos nosos fillos e netos…

ConstanTINO Regueira · BNG

Si, semella unha afirmación retórica dada a complicidade que se nos supón cara os seres vencellados ás nosas querencias máis prezadas.
Pero a expresión pode ter trampa . Como di a letra da canción: “malos tiempos para la lírica”. Unha lírica con acepcións moi universais: Malos tempos para os noso patrimonio ancestral próximo e remoto, malos tempos para a liberdade con letras maiúsculas, malos tempos para a independencia da comunicación, malos tempos para a ideoloxía consciente e para a liberdade de cátedra, malos tempos para a congruencia entre o argumentario e o facto, malos tempos nos que o NÓS é suplantado polo pequeno EU e, en definitiva, malos tempos para a convivencia pacífica, solidaria e consciente entre os pobos.
Se hai un tempo no que as rúas terían que estar ateigadas de persoas pensantes e racionais rexeitando contundentemente o actual estado de cousas con un NON Á GUERRA incondicional, un NON DIANTE DOS ARREPIANTES XENOCIDIOS e un NON AOS NEGOCIOS Á CONTA DOS MORTOS, ese día xa hai tempo que é HOXE.

Unha Europa, a vella Europa, que se entregou xenuflexa aos brazos do imperio ianki, para quen o obxectivo foi sempre promover guerras con mortos alleos para honra e gloria das súas empresas armamentísticas e do seu imperialismo enfermizo.

Unha UE que nin ten a gallardía de recoñecer nas súas celebracións a memoria dos vinte e sete millóns de mortos da URSS, que condicionaron de maneira definitiva a derrota do nazismo.
Unha Europa que colabora submisa á conversión do territorio dos seus estados membros en colonias dos EEUU, inzadas de imnumerables bases militares que serven a intereses xeopolíticos e mercantilistas.

Nestas dinámicas ao hexemón non lle importa que os habitantes do vello continente sexan as vítimas propiciatorias das represalias militares e económicas que el mesmo provoca.

Unha Europa que secunda servilmente de maneira hipócrita e con dobre vara de medir as acusacións de crimes de guerra contra a poboación civil, coas que EEUU culpa aos seus opositores, cando eles en
Hiroxima e Nagasaki asasinaron nun abrir e pechar de ollos a máis de 150.000 civís nun inferno nuclear de radiación e lume botados desde o ceo, e cando eles están permitindo e mesmo apadriñando o asasinato
de miles de nenos e nenas inocentes na Franxa de Gaza e miles de mortos máis en países destruídos, apocalipse propiciado por Israel e os lobis sionistas que condicionan e financian aos congresistas dos
EEUU.

Europa está xogando con lume, dirixida por uns insensatos miserables que para empezar deberían secundar o seu “mal exemplo” alistándose eles, os seus fillos e netos nos campos de batalla nos que a metrópole atlantista leva a cabo guerras, golpes de estado e todo tipo de atentados contra os dereitos dos pobos. Macron, Friedrich Merz, Giorgia Meloni, Olaf Scholz, Boris Jhonson, Sunak, Borrell, Sánchez, Ursula Von der Leyen…..etc. E por suposto todos os “terminators” do Pentágono..son cómplices.

Remato instando á cidadanía a que valore se non sería urxente DESPERTAR deste pesadelo, saíndo masivamente á rúa para poñer en evidencia a este montón de deshumanizados e irresponsables.
Organizacións políticas antiimperialistas, organizacións sociais, educativas, culturais, sindicais e de toda caste teñen que convocar á cidadanía a reaccionar xa, sen subordinación a ningún tipo de -ismo ou
siglas.

Se así non o facemos a pregunta é : SEREMOS QUEN DE MIRARLLES AOS OLLOS AOS NOSOS FILLOS E NETOS cando teñan que volver ao servizo militar obrigado, ao recrutamento forzoso para defender a tiros e mortos os intereses norteamericanos, británicos e sionistas, ao deterioro das prestacións sociais en favor do gasto en máquinas de matar e finalmente cando corramos o risco, desgraciadamente non imposible, de desaparecer no abismo dun conflito nuclear? Penso que hai que reflexionar e facerlle saber a estes insensatos que :………….

NON NOS REPRESENTAN

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo