A Fervenza de Ouzande organiza para o domingo 7 de xuño unha excursión á enseada de San Simón. A viaxe comezará as 9.00 horas na igrexa de Ouzande. Dende alí poñerán rumbo ao porto de Cesantes, onde collerán un barco ata a Illa de San Simón. Despois de coñecer este enclave histórico, as visitas continuarán no Museo da Batalla de Rande. Ao remate, trasladaranse a Pontesampaio para xantar. Á tarde farase unha visita-paseo polas Salinas do Ulló. Ás 21.00 horas chegarase a Ouzande.
Cada persoa debe levar o seu propio xantar. Participar nesta actividade custa 25 euros para os socios, 15 para os socios menores de 18 anos e 30 para os non socios. As inscricións podense facer na Taberna de Ouzande (Tlf.: 986570285) ou enviando un correo a carreirosouzande@gmail.com.
Imaxe de portada: Illa de San Simón // Wikipedia


Deixa unha resposta