Dende o pasado luns os voluntarios de La Estación atópanse facendo melloras no CEIP de Figueiroa. Comezaron pintando un mural e continuarán coa saneamento e decoración do muro exterior.
O mural era unha das actividades previstas no Atacamos polo Nadal que non se puido facer por mor do mal tempo. Na súa elaboración colaboraron dous artistas pertencentes ao colectivo Fiuco. Este está formado por Álex Davila, gañador de varios concursos de muralismo a nivel nacional, e Olalla Framiñán, artista plástica con varias exposicións permanentes a nivel nacional. Ambos son habituais na recuperación de espazos na Estrada.
Imaxe de portada: mural pintado no CEIP de Figueiroa // cedida


Deixa unha resposta