Os preparativos para a Feira da Sidra, que se celebrará este sábado na Estrada, están en marcha. Namentres a venda anticipada de vasos remata este venres igualando os datos de hai un ano, este xoves comezou a montaxe do espazo que albergará os sidreiros.
Xa se venderon o 50% dos vasos, é dicir, o mesmo que en 2025. Na edición de 2024 venderase de xeito anticipado o 30%. A última oportunidade para facerse con eles antes do propio día da feira é este venres pola mañá no Novo Mercado.
Este xoves comezou a montaxe dunha barra de 80 metros na que se situarán os lagares. A distribución dos lagares farase o propio sábado.
Imaxe de portada: montaxe dos postos da Feira da Sidra // Concello da Estrada


Deixa unha resposta