Publicidade

Falece aos 26 anos a exxogadora de bádminton Noelia Gestoso

Falece aos 26 anos a exxogadora de bádminton Noelia Gestoso

Noelia Gestoso Uzal, exxogadora do Club Bádminton A Estrada, faleceu este mércores aos 26 anos de idade. Especialista nos dobres, conseguiu 24 medallas en campionatos autonómicos, entre eles nove títulos, e dúas medallas en Campionatos de España.

A Federación Galega de Bádminton sinalou en redes sociais que “foi e sempre será parte da familia do bádminton galego, tanto pola súa traxectoria como gran xogadora como pola extraordinaria persoa que era”.

O Club Bádminton A Estrada lembraron que “foron moitos anos formando parte desta familia, compartindo xuntos milleiros de momentos”, sempre “co teu alegre e lindo sorriso alegrándonos cada día”.

Este venres recibirá sepultura en Tabeirós. Será despois do funeral, que terá lugar ás 16.30 horas.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo