Publicidade

Autorizan a substitución das comportas da praia de Liñares

Autorizan a substitución das comportas da praia de Liñares

O Concello da Estrada recibiu esta semana os informes e autorizacións necesarios para arranxar as comportas da praia fluvial de Liñares. Unha actuación que é precisa porque a infraestrutura sufriu importantes danos como consecuencia dos temporais do pasado inverno.

No mes de marzo o persoal municipal encargado de supervisar as instalacións para realizar o seu mantemento detectou que os troncos, pólas e vexetación que arrastrou o río danou a estrutura de madeira das comportas. As pólas ocasionaron a rotura de ancoraxes e rodamentos.

Estado das comportas no mes de marzo // Concello da Estrada

Este mércores recibiron o visto bo de Patrimonio Natural e este xoves o de Augas de Galicia. Deste xeito, o Concello xa pode contratar a substitución das comportas.

A previsión é que isto poida facerse a principios do mes de xullo. Isto non afectará á tempada de baño, que comezará igualmente o vindeiro martes 23. Namentres non se poidan substituír as comportas, o nivel da auga estará máis baixo do habitual. Iso débese a que son estes elementos os que permiten que na época de estío a praia manteña un nivel de auga alto.

Por outra banda, esta semana Sanidade certificou a boa calidade das augas.

Cartel cerificando a boa calidade da auga // Concello da Estrada

Imaxe de portada: danos provocados polos temporais nas comportas // Concello da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo