Publicidade

O estradense Miguel Louzao presenta “Pai”

O estradense Miguel Louzao presenta “Pai”

O martes 30 ás 20.00 horas a Casa das Letras acollerá a presentación do poemario Pai, do estradense Miguel Louzao Outeiro. Estará acompañado polo escritor Manuel Pereira Varcárcel e polo profesor e tradutor David Álvarez.

En Pai explórase dende a tenrura, a ilusión e a reflexión a aventura da crianza dun fillo neste mundo actual cheo de incertezas. Pai ofrece unha perspectiva que renuncia aos privilexios masculinos tradicionais e propón un modelo alternativo baseado na ruptura de estereotipos e no compromiso social e emocional.

Natural de Orazo, Miguel Louzao Outeiro é profesor de ensino secundario e pais. Colaborou con poemas e outros textos nas revistas Boletín Galego de Literatura, A Trabe de Ouro, Dorna, Olga, Madrygal, Tabeirós Terra de Montes, Revista de Lenguas y Literaturas Catalana, Gallega y Vasca e Tempos Novos. Tamén publicou textos nos xornais Faro de Vigo, Vieiros e Praza Pública.

O ensaio Letras de Cal na produción poética galega dos 90 (2006) valeulle o XIV Premio Carvalho Calero de investigación lingüística e literaria en 2005.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo