Este domingo Santa Mariña de Barcala celebrará as festas na honra do San Xoán do Caeiro. Comezarán ás 13.15 horas coa tradicional procesión, que precede aos oficios dunha misa solemne. O pasarrúas e a sesión vermú correrán a cargo da charanga Os Celtas, que durante a sesión vermú estarán acompañados polo grupo de gaitas Chinguilipé. Ás 17.00 horas comezará un tardeo con Dieguiño, para amenizar a sobremesa dunha comida campestre. O luns 22 ás 11.00 horas oficiarase unha misa na honra de Santa Lucía.


Deixa unha resposta