Publicidade

Festa de fin de curso con inchables acuáticos no CEIP de Oca

Festa de fin de curso con inchables acuáticos no CEIP de Oca

O CEIP de Oca celebrará este sábado unha festa fin de curso aberta a todos os públicos. Organizada pola ANPA do centro, comezará ás 12.00 horas cunha exhibición de patinaxe, pandeireta e zumba con Priscila Dance. A sesión vermú correrá a cargo de Marieta. Tras iso celebrarase un xantar. Á tarde, a partir das 16.30 horas, terán inchables acuáticos e unha festa da escuma. Custará catro euros para os non socios.

O xantar, que comezará ás 14.30 horas, constará de empanada e churrasco. Os tickets están á venda na propia ANPA e na perruquería canina Catro Canciños. Os adultos terán que pagar 27 euros e os nenos de ata 12 anos, 14 euros se son socios e 17 se non o son.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo