Membros de La Estación e o colectivo Fiuco están pintando un mural no colexio de Figueiroa. Baixo o significado de que “un mestre vale máis que moitos superheroes”, busca “dar unha mensaxe á comunidade” mesturando a modernidade do muralismo coas ilustracións estilo cómic e o máis tradicional do graffiti.
O mural está repleto de mensaxes e detalles para motivar ao alumnado e pór en valor o labor dos metres. “Pintar para decorar está ben, pero se, ademais, podemos aproveitar para reivindicar, pois moito mellor”, sinalan dende La Estación.
Imaxe de portada: mural que están pintando // cedida


Deixa unha resposta