Publicidade

3 feridos, un deles trasladado en helicóptero, nun accidente en Matalobos

Tres persoas resultaron feridas nunha colisión frontal na ponte de Río de Sapos (Matalobos), na N-640. Produciuse pasadas as 18.00 horas deste luns. Nun principio sospeitouse que podería haber atrapados, pero finalmente non foi preciso escarcerar.

Rapidamente, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e ao Servizo Municipal de Protección Civil da Estrada, que se desprazaron ata o punto.

Foi preciso mobilizar un helicóptero para trasladar un dos feridos. Os outros dous foron trasladados en ambulancia.

Imaxe de portada: un dos vehículos sinistrados // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo