Os mercurios poderían marcar 40 graos en Cuntis este sábado e 39 na Estrada
A zona do interior de Pontevedra, onde se inclúen A Estrada, Cuntis, Forcarei e todo o Deza, entre outros concellos, estarán tanto este sábado coma domingo en aviso amarelo por calor. En ambas xornadas estarán activos dende as 13.00 horas ata ás 21.00 horas por temperaturas que poden superar os 36 graos. O peor prevese para este sábado, cando en Cuntis poden alcanzar os 40 graos, segundo a AEMET.
Máximas previstas para sábado
- A Estrada: 39º
- Cuntis: 40º
- Forcarei: 37º
Máximas previstas para domingo
- A Estrada: 38º
- Cuntis: 38º
- Forcarei: 36º
Máximas previstas para luns
- A Estrada: 33º
- Cuntis: 32º
- Forcarei: 32º


Deixa unha resposta