O venres 7 de agosto a finca de BioFruit Galicia en Santo Tomé de Ancorados acollerá a cuarta edición do Berry&Cider Fest. As portas abriranse ás 19.00 horas e contará con gastronomía, música e unha carreira solidaria.
Ás 19.30 horas abrirá o mercado de produtos de Sabores da Estrada e dende as 20.00 horas poderase degustar arandos e sidra estradenses. Ambos postos pecharán ás 22.30 horas.
Ás 21.15 horas comezará a III Nocturna Rural, para a que xa abriron as inscricións. Á súa vez comezará o concerto de Lume na Lareira. Unha vez remate, entregaranse os premios da carreira. Despois, a música continuará da man de El Cuarto Sentido (23.00h), Ele Music (00.45h) e Disco Móbil JBX (2.00h).
No recinto haberá polbeira, barras e cócteles, amais dunha zona chill out.
III Nocturna Rural
Esta carreira a favor da Asociación Galega contra o Cancro comezará ás 21.15 horas, aínda que os dorsais recolleranse dende as 20.30 horas. Contará cun circuíto de cinco quilómetros entre plantacións de arandos, kiwis e mazás. De dificultade media, o 70% será tipo cross e, o 30% restante, por asfalto.
A inscrición custa seis euros. Como novidade, pódese adquirir unha camiseta por seis euros máis. Pódese facer ata as 23.00 horas do 5 de agosto no teléfono 657 18 55 57 ou no correo biofruitgalicia2010@gmail.com. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados masculinos e femininos e para os participantes de maior e menor idade.
O Berry&Cider Fest é un evento que se está a consolidar na axenda festiva estradense. Á pasada edición calculan que asistiron máis de 300 persoas, 89 delas sendo participantes da Nocturna Rural.
Imaxe de portada: presentación do Berry&Cider Fest // Xornal da Estrada


Deixa unha resposta