O estradense Alejandro Carballo participou o pasado luns nos Xogos do Eixo Atlántico en representación da Fundación Aspas. Fíxoo na proba de natación de costas, onde rematou cuarto ao facer un tempo de 1 minuto e 15 segundos. Enfrontouse a outros catro rivais, procedentes de Portugal.
Imaxe de portada: Alejandro Carballo nunha imaxe de arquivo // cedida


Deixa unha resposta