Publicidade

Festa na Estrada para celebrar a vitoria da selección

A deste domingo foi unha desas noites difíciles de esquecer. España conseguía a súa segunda estrela nun apaixoante partido contra Arxentina. Por iso, A Estrada preparou unha cita festiva para vivir a final.

Nunha Farola cos bancos iluminados cun azul máis propio de Arxentina ca de España, centos de persoas citáronse para vivir o partido na pantalla que se instalara. As 500 cadeiras que se colocaran — 300 máis ca no partido da semifinal — volveron escasear.

A previa comezou ás 19.00 horas cun tardeo. Nos intres previos ao pitido inicial toda a praza púxose en pé para corear o himno nacional. Durante o partido puidéronse escoitar diferentes cánticos, tales coma “eu son español” ou “arxentino o que non bote”.

O nerviosismo fíxose palpable segundo ía rematando o tempo reglamentario. Xa na prórroga a euforia encheu A Farola por un momento co gol anulado a Nico Williams. A partir do tanto marcado por Ferran Torres a alegría rebordou o recinto.

No momento no que o árbitro pitou o final a música voltou encher a praza. As bandeiras e bufandas tomaron o protagonismo, xunto con algunha das cadeiras. Dende a zona destinada ao tránsito lanzáronse fogos de artificio e a festa prolongouse, xa fóra da Farola, ata altas horas da madrugada.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo