Comezan as festas do Amparo en Berres

Comezan as festas do Amparo en Berres

Dende este sábado e ata o vindeiro luns a parroquia de Berres celebra as súas festas do Amparo e Santa Lucía. Este sábado 25 comeza a festa coa verbena a cargo da Banda da Balbina, Son das Tabernas e o DJ Carlos López.

O domingo 26 ás 13.00 horas oficiarase unha misa na honra da Nosa Señora do Amparo. A sesión vemú correrá a cargo das bandas Municipal de Silleda e Artística de Merza.

O luns 27 haberá un pasarrúas a cargo da Banda Municipal da Estrada, quen tamén amenizará a sesión vermú. Ás 13.00 horas oficiarase unha misa na honra de Santa Lucía. Á noite, a verbena correrá a cargo das orquestras Gran Parada e Cinema.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo