Moreira celebra esta fin de semana as súas festas na honra de Santo Domingo e Santo Antonio. Comezarán venres e prolongaranse ata domingo.
O venres ás 21.30 horas farán unha churrascada popular na que a carne será gratis. A verbena estará amenizada por Almanova.
O sábado ás 13.00 horas oficiarase unha misa por Santo Domingo. A sesión vermú correrá a cargo da Banda de Música Municipal da Estrada. Á noite, a verbena comezará coa música de Mar de Arousa e continuará ás 00.00 horas co concerto de Roi Casal. O punto final porao a Disco Móvil Chocolate.
O domingo celebrarase unha misa na honra de Santo Antonio ás 13.00 horas. Ao remate, a Charanga TNT animará a sesión vermú.

Deixa unha resposta