A vindeira semana Orazo celebra a súa festa campestre polo San Lois. Serán dous días de festexos que comezarán o martes 25.
O martes oficiaranse misas rezadas ás 9.30, 10.30 e 11.30 horas e outra solemne ás 13.15 horas. Pola mañá a festa contará co acompañamento musical da Banda Municipal da Estrada. Ás 19.00 horas comezará a verbena, que correrá a cargo da charanga Ardores e da orquestra Gran Parada.
O mércores 26 oficiarase unha misa ás 13.15 horas. Pola mañá a música correrá a cargo dos gaiteiros O Son da Fervenza. A sesión vermú contará coa música do dúo Cristina & Lucía, mesmo dúo que estará xunto a Punto Zero na verbena.


Deixa unha resposta