Publicidade

Anuncian o peche parcial da AG-59 por asfaltados en Pontevea

O Concello de Teo informou de que dende as 20.00 horas do luns 24 e ata as 7.00 horas do martes 25 de agosto o último treito da AG-59 permanecerá pechado. Será para “favorecer os traballos” de asfalto que se están a facer en Pontevea.

Por ese motivo, mentres dure o peche os vehículos terán que saír polo ramal da Ramallosa. A Rúa Ignacio Varela — que se corresponde coa estrada AC-841 — terá paso alternativo.

Imaxe de portada: Motos circulando pola AG-59 durante a inauguración do treito A Ramallosa – Pontevea // Xunta

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo